Pedra da serpe no cemiterio de Rial

No cemiterio de Rial(no vello), hai un cruceiro cuia base semella(ou é) unha pedra da serpe.
É normal que as pedras da serpe(rito pagán) para cristianizálas a Igrexa lles puxeran unha cruz encima, pero o que xa non é tan normal é que éstas estén nun cemiterio. Pedra reutilizada?. Pode ser.
Tamén chaman a atención unhas marcas nun lateral da base. Non son marcas de canteiro. Máis ben semellan marcas de ritual pagán .
Para os nosos antergos(prerromanos) a serpe tiña un significado de sabiduría, guardián da sabiduría, hastra unha relación co deus Cernunos...
Ou sexa un significado en positivo.
Para o cristianismo ten un significado de demonio, pecado... etc..
Ou sexa un significado en negativo.
Por eso non me cuadra que se atope nun cemiterio. As Pedras da serpe coñecidas atópanse normalmente en cruces de camiños, montes, etc.

Cruceiro do cemiterio de Rial


Cabeza da serpe


Cola e corpo da serpe


Marcas na base do cruceiro

Marcas na base do cruceiro