Documentos antiguos de Val do Dubra
et Mirus cepit Bracaram et fecit concilium Bracarensem sedundum, ubi Andreas fuit, in era DCX Et Mirus sedi sue Hiriensi contulit dioceses, scilicet: Morracium,Saliniensem, Moraniam, Celenos, Montes, Metam, Merciam, Tabeyrolos, Velegiam, Hour, pistomarcos, Amaeam, Coronatum, Dormianam, Gentinas, Celticos, Barchalam, Nemarcos, Vimiantum, Selagiam, Bregantinos, Farum, Scutarios, Duuriam, Montanos, Nemitos, Prucios, Bisacos, Trasancos, Lavacencos et Airos, et alias que in canonibus resonat. (Transcripción e notas de Manuel-Rubén García Alavarez, Memorial Hisatórico Español, (R.A.H.), Tomo L. Madrid. 1963”.
Traducción: Miro Tomou baixo o seu dominio a Braga e reuniu o Concilio Bracarense segundo, onde acudíu Andrés no ano 610. E Miro puxo baixo a súa sé Iriense as seguintes dióceses a saber: O Morrazo, Salnés, Moraña, Caldas, Montes, Meta, Merza, Tabeirolos, Valga, Louro, Nemancos, Vimianzo, Seaia, Bergantiños, Faro, Escudeiros, Dubra, Montaos, Nendos, Pruzos, Bezoucos, Trasancos, Labacengos e Arros, e outras das que se ten mención nos canones
Tomado de: http://burlanegra.vieiros.com/foro/read.php?f=10&i=594&t=240&v=t&lang=gal
Presionar sobre a imaxe para ler
No documento de 1241 o mosteiro de Oseira cede aos templarios unha serie de propiedades nesta comarca, que lles vendera Gómez Ares e a súa esposa María Fernández; localizábanse estes bens in tota terra de Trastamar et de Duvria et in Bregantinos et in Canzes...
-A oitava parte da igrexa de San Martiño de Cances.
-Un casal en Baz.9
-Un casal en Vilar de Asalo.10
-Un casal en San Salvatore de [...].11
-A cuarta parte do pazo de San Salvador.
-O quiñón que tiña o mosteiro na igrexa dese lugar.
A isto temos que engadirlle a cuarta parte do couto de San Martiño de Cances, tiñan os templarios (usurpándolle quizais a parte que alí tiña Oseira), a posesión do cal é precisamente o que motiva a concordia, xa que supoñemos que o mosteiro de Oseira, dado o afastamento destes bens, non tería moitos desexos de comezar preitos longos, preferindo a mellor solución, un acordo amigable."
- O que nos interesa é: Un casal en San Salvatore de [...].: refírese a San Salvador de Bembibre en terras de Duvria
1237, maio. Oseira
Don Gómez Ares e a súa muller dona María Fernández vende ao mosteiro de Oseira e ao seu abade don Fernando a metade dun casal na vila de Souto, parroquia de Santa Vaia, e outras herdades en Trastámara, Dubra, Bergantiños e Cances, por 100 marabedís e cinco moios de pan.
Pub.: Romaní Martínez: Colección...Oseira.., I, doc. 425, páxs. 401-402.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados